INTERRELACIÓN ALIMENTACIÓN-SAUDE PARA UNHA VELLEZ SAUDABLE MEDIANTE NUTRICIÓN FUNCIONAL EN BASE A MATERIAS PRIMAS DA HORTA GALEGA

AHGAVES

O proxecto AGHAVES, AHGAVES, “Interrelación Alimentación-Saúde para unha vellez saudable mediante nutrición funcional en base a materias primas da horta galega”, ten como obxectivo principal a obtención de produtos innovadores e sauudables enfocados a cubrir as necesidades da poboación maior.

En particular, desenvolveranse cremas vexetais de alto valor organoléptico e nutricional a partir de materias primas autóctonas suplementadas con diferentes ingredientes funcionais, que lle aportarán os micronutrientes necesarios para cubrir as carencias deste sector da poboación.

Para levar a cabo a estratexia proposta plantéxase unha actuación conxunta en todas as fases da cadea produtiva que implicará unha remodelación do proceso de produción de cremas vexetais hospitalarias, abarcando dende a produción da materia primo ata o desenvolvemento dos produtos que serán validados mediante a realizacción de estudios clínicos. Para iso, estableceuse un consorcio liderado por Freshcut, no que participan a PEME Ecocelta Galicia e o grupo hospitalario POVISA. Todos eles contan coa colaboración dos centros de investigación ANFACO-CECOPESCA, coordinador científico-técnico do proxecto, e INGACAL así como coa colaboración das empresas HORSAL e SIGMABIOTECH.

Freshcut é unha compañía pertencente ao Grupo Frutas Nieves, que comercializa os seus produtos a través da marca rexistrada Galifresh e terá como obxectivo no proxecto o deseño e a elaboración de produtos de V gama a partir de verduras e hortalizas frescas da horta galega. Ecocelta Galicia, empresa creada para dar unha solución sostible a xestión ambiental dos residuos orgánicos, centrarase na valorización dos subprodutos xerados durante o proceso de elaboración dos produtos funcionais. Por último, o Hospital POVISA será o encargado de levar a cabo os ensaios clínicos para determinar a funcionalidade dos produtos elaborados o longo do proxecto e así establecer a interrelación entre nutrición e saúde, aportando en todas as fases o coñecemento do modelo de vida saudable.

O Proxecto AHGAVES realizarase entre os anos 2018 e 2020, está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación a través do Programa CONECTA PEME, apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional “ Unha maneira de facer Europa”, dentro do obxectivo temático 1, promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.


 AXUDAS DO IGAPE PROGRAMA PLAN FOEXGA 2017 - 2018

IGAPE

Os nosos obxetivos na feria FOODEX JAPAN 2018 celebrada en Tokio, eran entre outros: observar a aceptación dos nosos produtos por parte dos visitantes profesionais. Por outra banda, tamén marcamos como obxetivo poder alcanzar algún acordo con algún destes visitantes profesionais e/ou facer contactos que poidan ser do noso interese, xa ben sexan de tipo comercial ou estratéxico.

Os primeiros resultados desta misión son tres principalmente. O primeiro sería a constatación de que os nosos productos tuveron unha gran aceptación entre os visitantes. O segundo sería que trala misión obtivemos máis de 140 contactos interesados ou ben en distribuir ou en comprar os nosos produtos (unha vez estean dentro do país). E o terceiro resultado sería que xa realizamos un primer acercamento, o que nos permitiu coñecer un pouco mellor o mercado Xaponés.


PLAN INNOVACIÓN 2017-2018

 Esta empresa participa no Plan de Innovación 2017-2018 Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Como apoio ao proceso de internacionalización, a empresa: freshcut, S.L

CartelPublicidadeFEDER


AXUDAS DO IGAPE GALICIA EXPORTE EMPRESAS

image002