INTERRELACIÓN ALIMENTACIÓN-SAUDE PARA UNHA VELLEZ SAUDABLE MEDIANTE NUTRICIÓN FUNCIONAL EN BASE A MATERIAS PRIMAS DA HORTA GALEGA

O proxecto AGHAVES, AHGAVES, “Interrelación Alimentación-Saúde para unha vellez saudable mediante nutrición funcional en base a materias primas da horta galega”, ten como obxectivo principal a obtención de produtos innovadores e sauudables enfocados a cubrir as necesidades da poboación maior.

En particular, desenvolveranse cremas vexetais de alto valor organoléptico e nutricional a partir de materias primas autóctonas suplementadas con diferentes ingredientes funcionais, que lle aportarán os micronutrientes necesarios para cubrir as carencias deste sector da poboación.

Para levar a cabo a estratexia proposta plantéxase unha actuación conxunta en todas as fases da cadea produtiva que implicará unha remodelación do proceso de produción de cremas vexetais hospitalarias, abarcando dende a produción da materia primo ata o desenvolvemento dos produtos que serán validados mediante a realizacción de estudios clínicos. Para iso, estableceuse un consorcio liderado por Freshcut, no que participan a PEME Ecocelta Galicia e o grupo hospitalario POVISA. Todos eles contan coa colaboración dos centros de investigación ANFACO-CECOPESCA, coordinador científico-técnico do proxecto, e INGACAL así como coa colaboración das empresas HORSAL e SIGMABIOTECH.

Freshcut é unha compañía pertencente ao Grupo Frutas Nieves, que comercializa os seus produtos a través da marca rexistrada Galifresh e terá como obxectivo no proxecto o deseño e a elaboración de produtos de V gama a partir de verduras e hortalizas frescas da horta galega. Ecocelta Galicia, empresa creada para dar unha solución sostible a xestión ambiental dos residuos orgánicos, centrarase na valorización dos subprodutos xerados durante o proceso de elaboración dos produtos funcionais. Por último, o Hospital POVISA será o encargado de levar a cabo os ensaios clínicos para determinar a funcionalidade dos produtos elaborados o longo do proxecto e así establecer a interrelación entre nutrición e saúde, aportando en todas as fases o coñecemento do modelo de vida saudable.

O Proxecto AHGAVES realizarase entre os anos 2018 e 2020, está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación a través do Programa CONECTA PEME, apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional “ Unha maneira de facer Europa”, dentro do obxectivo temático 1, promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.

Ao longo desta terceira anualidade do proxecto AHGAVES os membros do consorcio desenvolveron diferentes formulacións de cremas vexetais funcionais orientadas os anciáns fráxiles, que se someteron as primeiras probas do estudio de intervención clínica. As propiedades saudables destas cremas estanse estudando tamén no laboratorio a través de esnaios in vitro e ex vivo. Cos subprodutos obtidos da elaboración das cremas estudiouse a obtención de biogás e de compostos petencialmente bioestimulantes. Ademáis, a partires dos subproductos vexetáis, tamén obtiveron fertilizantes  empregados no cultivo de vexetais e hortalizas.

AHGAVES